LAS VIVENCIAS DE SANTIAGO ( 5 )

Otra vez nuestro entrañable amigo SANTIAGO MÁRQUEZ nos deleita con una serie de relatos de cosecha propia, siempre con el referente de los emigrantes como escenario común.

Espero os gusten y sean del agrado de todos como pasó con todos los anteriores.

Un saludo.

 

 

Autor : Santiago Márquez Pérez.

 

[ Minist. del Interior, España:  I.D. nº 70049766 – T

 Gondomar,  Pontevedra: 17-02-48 ]

                                       

 

Trabajo literario Inédito.

Registrado en la: Dirección Nacional del Derecho de Autor de la República Argentina (oficina de Rawson – Chubut). Hecho el Registro que marca la Ley.

Formulario de Derecho de Autor nº 194726 (07 /Febrero/ 2011)

                                                            

                                       ——————————————

Introducción:

Despois de haber encontrado petróleo, nesa infructuosa búsqueda de auga, a Patagonia xa non volveu a ser a de antes, e a economía da Arxentina tampouco. Neste vastísimo territorio onde o vento e o rei, o asubío d’el pode ser, para alguns, motivos de tormento e para outros a mais doce das sinfonías que se poida escoitar nesta vida.

Alí, precisamente, estaban chegando mais que nada homes, de muitos paises ou rexions diferentes…”¡formábase así coma un gran puchero espóntaneo!”, ( no bo decir do historiador Felix Luna).

Chilenos, búlgaros, sirios-libaneses, rumanos, griegos, algún que outro italiano,  portugueses, croatas, boers, ucranianos, asturianos, andaluces  e….¡galegos!

Os sucesos do pasado: moi despiadados, cas masacres de traballadores do campo, deron lugar a unha forte impronta de homes moi arrebelados e hasta  xotos, que na sua búsqueda do pan, e labrando seu futuro,   habían perdido  o medo a enfrentar o descoñecido….

Terra moi xenerosa a Patagonia, ¡chea de posibilidades ¡,  lugar propicio para que galegos que chegaran a ela, nesos anos, puderan labrarse un bó futuro!

Coma noso amigo, o veciño de “A Toxeira” : Ramón Alonso Gonzalez, cariñosamente chamado: “O Monchiño”…

  Mapa de la Patagonia argentina.     

 

                                                …………………………

RELATO Nº 1.

 “…Non me digas que ti viñéches no demo do vaporcinho que fai a carga da lan a Buenos Aires…¡ rapaaá!s. ¡Pois bastante ben que se che vé, home! ¿Oie…tes comido algo nestos días?, …¡mirá! ,aquí, entre nos…non te quedes ca boca fechada, ti fala  rapás, que entre todos nos,…(¡ e xa nos vas a ir coñecendo!)…¡ o dor d’un e o dor a todos!, ¿eh?…Vai comendo este pouco de carne asada d’o ouvella (acá chámanlle:”capón” as ouvellas vellas, ¡ vaio sabendo!)…

Bueno?…¿e como ves Puerto Deseado?…¿foches vendo a Ria en canto entrabas a o Porto?…Seguramente…¡e sí, home!…pensache no Berbés,  en Cangas e toda aquela ribeira…¡bueno buueeno!…¡pois nada!…¡que nin Vigo ni que oitos cuartos!…¡benvindo ao paraíso naaa teeerra!

Así barrenaballe “O travesas”, e o “Monchiño” acababa de chegar  do pòrto e ,coma lle ian dito, foi dereito ”a casa dos galegos”, e alí estaba el, “tomando boa nota” de todo o que miraba, escoitaba e ía sacando contas…

¡Bueno, rapás!, en canto supemos que andabas por acá nos xa fumos buscándoche algo de choio, ¿sabes? Entón si, ¡xa hoxe millor que mañan!, vai hasta a carpa do” Circo do Toni Caluga” e pregunta por Don Cavaleiro, ese home e un paisano noso, eche o Capataz  ou dono, ..¡non sei ben!, e dirache que facer alí xa que eles sempre teñen algún traballiño para xente coma ti, para empezar e así vas vendo coma sigue a historia…¿eh?…

Xa parés que no Circo, ou estaba por empezar a función ou algo facía xuntar a xente arredor , oiase coma que unha trompeta e unha caixa soaban , alí al lado da carpa nunha jaula mal atada con aramios había coma un can grande co rabo lungo e mirada tristona, mais alá atado: un burro pequenote e fraco,  coma os nosos:¡fariñeiro!…En canto el  bate suas mans chega un home “con cara de poucos amigos”, e sin “amostrar seus dentes” espétalle: “¿oie?…eres tu el  mozo que chegou hoy? …o de la Toxeira?”…Bueno, toma isto que son los tragues para vestirse de tigrez e ayúdalle a lus mozos chelenos a pórseos…¡ e mira que le queden ben! Luejo d’iso velos jiando por ahí atrás, hasta la gaula onde tienen que ir ellos…¡ que lla te vas a dar conta!, lla que eles vancho ir diciendo a modiño”…(Monchiño ía  adiante dos homes vistidos de tigres, el non lle  entendía nada …pero iá para adiante escoitando o primeiro dos “tigres” o que lle iba decindo…e él pensaba mentrastanto:”¡Malo raio o parta!….¿que me dirá o chileno este?”… pensaba Monchiño…)

 

                                              ……………………………….

RELATO Nº 2.

 ¡Coitado do Monchiño!…¡claro!, hay que entenderlle a fala a  eses mozos  que chegaran de Chiloé,  e que  por pouco traballaban a cambio d’un prato de comida! Xentes campesiñas, coma él, e dado a proximidade geográfica e o contar,casi sempre, coa casa d’algún paisano seu que lles facía “el aguante”, ían vindo un tras outro fuxindo da miseria… Cousa que levaba a  mais d’un argentino renegado a gritar de vez en canto…”¡ acá ya hay mas chilenos que gente!”…Pero eran  os “chilotes” os que lle facían os traballos mais indecentes, ou neste caso: aguantaban os latigazos do “domador” dentro da jaula adementras lle arrimaba a silla con unha man e lle gritaba entre dentes:.. “¡ hagan como que están furiosos, larguenme zarpazos o nos echan a todos..pú  oigan… desgraciaooos!…¡rujan, rujan carajo!

¡Monchiño detrás d’unhas lonas e d’unhas escaleiras usadas a modo de tendedeiro,  miraba todo iso e non podía coa risa, tapandose a sua boca! Facialle acordar iso de coma divírtese a probe xente;…cando no adro da Capella, alá en A Toxeira, no último vran, habían apresentado cine pondo unha sabana contra a parede da Capella e sentados no chán e de pé moitos veciños miraban cos ollos  moi abertos “ La Strada “… d’un tal Fellini…

E así estaba, cando chega por detrás d’el  o tal Don Cavaleiro, ponlle de súpeto sua grande man sobre o seu hombro e dille casi berrándolle no seu oído:…”(*)¡ a ver muchacho!…mira que aquí nuzotros non te tenemos coma púbrico…; e dándose Monchiño volta a cara e póndonse de enfrente a el, escoitaba seus berros e o vello decíalle:…”¡ e que si quierez tener la posebelidá de tua vida non te me quedes parado ahí merando a ezus dezjraceados, ¡carrallo!… ¡Paréz que cada ano veñen mandando de Jalicia  a xente con menos janaz de traballar!… E iá nun zei  onde vamuz a parar con xente azí?!”…¿pra isto jañou Franco la jerra?,…¡ hostiaz en vinajre!”…

…ajora lo único que falta ez que me dija que el ez un Bachilerato en Artes, ¡vaaamuz vaaamuz!…

¡ Mira zapaz!…¡lo primeiro ez lo primeiro! ….¿¡mentiendez carrallo?!…ti tienez que porte a atender al púbrico e tienes que hablar moi ben el castellanu…e que non te vaia a escuchar …¿nin diztriado, eh?…hablando en jaliejo e dejando mal  paradu el nevel desta compañía…¿mentendez?….

¡Buenu!…¡xa zabes!…que mañana a las sete de la tarde  tespero bien aperfumadiño e feito un mozo argentinu, eeeh?”…

 

(*) Transcribir textualmente esta forma de falar, mestura de galego de aldea e español. Algo muy común, ¡lamentablemente!, hasta o  día de hoxe, nos paisanos nosos que renegan de sua identidade e fala.

Rebaños en la Patagonia

 

 RELATO  Nº  3 .

 

…”Monchiño” levantou sua mirada…erjeu seu brazo dereito, puxo sua         man  de plano  moi cerca da cara de Don Cavaleiro e sin tembrarlle a sua voz…dille: …”¡ Cavaleiro, mire ben o que lle digo!…¡en nun vín para América, para a Patagonia, para escoitar semellantes cousas, eeh?…¡ Vaía o sabendo…¡ e non se esqueza!…que  non lle vou a permitir que ostede…¡ ou quen sexa!, véñame acá, nestas terras, a alabar a Franco e a intentar fecharme a boca por falar na nosa fala!…¡Pola sangue dos mortos na guerra, por meu pai que chegou mais morto que vivo despois da loitar en  Teruel…:¡Non lle permito que diga tal cousa …¡sepa vostede que nun vin para aquí para ser explotado por un franquista…¡nin por ninguén! …¡Acórdese  ben de quen llo dí! : Ramón Alonso Gonzalez…, entón, dase meia volta e vaise a modo e con paso firme…deixando a o vello menexando sua cabeza…Dementras este  dí:…”¡ mira ti a estuz señorituz que vienen ajora  d’allá…¡carrallooo!…a donde irán con semellantes ideas, bué!”…

“Moinchiño entretúvose un pouco no camiño a  sua pensión xa que a idea que tiña era levar algo de peixe para a cea, si lle fora posible saber onde compralo.¡ Iso de comer carne d’ouvella non lle daba moito gosto nin a idea…sin tan solo foran unhas pataquiñas cuns toros de peixe…do que fora, a cousa púñase millor!

En canto chegou a seu domicilio co que pudo mercar xa estaban alí alguns dos compañeiros, un d’eles mondando patacas,  outro escoitando a radio e outros dous d’eles alá na cociña…

“¡Eeeh!…¿rapás?…”¿ que che pasou co dono do circo?…¿sabes?…xa estuvo por acá…¡ pidíndonos contas da xente que lle mandamos e non se que cousas mais!”…”¿por caso… ti mallaches n’el rapás?”…”¡ mira que viña coma un pemento e si te tuvera a tiro seguro que algunha que outra ías a recibir!”… Arrímase a el, por suas costas, “O travesas”…dille a  “O da pura”” que o deixe falarlle  a el…Dalle unha aperta a Monchiño, ponlle suas mans nos hombros e dille mirandoo a seus ollos:…”¡mira rapás: ti tranquilo!, estás na Patagonia, teinos a nos, e xente coma o Cavaleiro ese…¡  pillas d’eles  xa vas a coñecer!”…Mirá!…mentras teu pai e moitos de nos pasabamos frio e fame nas trincheras aguantando as bombes de noite e de día…estos…

“¡ franquistas americanos!”…enchíanse nestas terras  seu bandullo facendo traballar a quen fora a cambio de mijallas…, ( dase volta a cara e escarra no chán), e dí ben forte:…” ¡  rapaciño ! ti tez o que nos non temos…tes o mayor capital c’un home pode ter a teus anos….tes boa educación…tes futuro Monchiño, ¡tes futuro hooomeeeé!

 

 

                                                 …………………………..

 

 

 

RELATO Nº 4

 

….Resoabanlle  en todo seu corpo estas sentidas  palabras , estremeceuse Monchiño coa aperta e o sentimento que lle ademostraba O Travesas; …e mais que nada cos movementos de cabeza, asentando o que este lle dicía, calados, e alguns hasta secándose suas bagaos, de  ese conxunto de homes que agora alí  nesa sala estaban, … e que  algun que outro levantouse  de onde astaba e dádolle ánimo, tamén silente, deulle a sua  man…

”¡Choca esos cinco rapás que aquí  nestas terras un coma ti o que lle sobra  son oportunidades para labrar un bo futuro!”, o que isto lle  dí era “O Portelas”, que se desempeñaba coma “romanero”, (posto de traballo de muita confianza),  nunha importante “Barraca de lanas”,e mentras isto lle  decía:  unha man poña no hombro de Monchiño e ca outra…¡ que parecía ben coma un cacho de plátanos de grande que era.. casi  lle esmagaba a sua!…

“Pois si rapás,…¡mira! …fai uns días namais… chamoume a atención que un bó lote de fardos de lan, ¡ e de bastante boa calidade para o orixe que tiña !…tuvera coma remitente a seu dono:…¡un tal Beleiro!…debes escoitar o que che vou a contar, do que se sabe deste  homiño, o Beleiro da lan: parés que este paisano noso,…(¡ nun sei ben de que provincia veu!); traballaba así coma nos (digo, ¡ eu!), nisto da lan, ou algo tiña que ver o choi d’el con lans e todo isto,  entón non sei que raio  foi facendo …un día montou. por alí por Comodoro Rivadavia, nun cabalo…e díxolle a os que estaban con él nesa:..”¡pois que me vou  para poboar a Patagonia!… voume por alá por as terras do Lago Blanco(amostrar  un mapa da zona suroeste do Chubut)… e vou a fundar un pobo…xa ides a saber de mín, sí!”… Non sei eu si xa tei o pobo fundado, pero sei  que lle deron tantas terras coma toda a provincia de Pontevedra…¡e  a pilla de lan que mandou!,  dende a Estación do Tren de “Punta de Rieles” (actualmente chámase:Las Heras, na Prov. De Santa Cruz)…¿eeeh?…¿qué che parés?

 

 

 

Nota:

Adxuntar: mapa e fotografias ou vídeos da zona do Norte da provincia de Santa Cruz, e do sul  sul-oeste da provincia do Chubut. Unir con punteado : Puerto Deseado – Fitz Roy – Pico Truncado e Las Heras: ese era o recorrido  do tren hasta os anos sesenta, (agora xa non existe). Solo quedan coma testamuña o imponente edificio estación dos trens de Puerto Deseado (a millor e mais grande de toda a Patagonia e unha xoia de arquitectura en pedra, feita por canteiros croatas e de diversas procedencias), e alguns tanques de auga e pouco mais.

 

                                           ………………………………………

 

 

 Patagonia

 

 

 

RELATO Nº 5.

 

A en Puerto Deseado, seguía a vida seu ritmo normal para ese grupo de homes que as circunstancias  xuntou alí.

Ese pobo, xunto a Ria de augas profundas que lle  permitía ter o porto con mais movemento económico nesa rexión, non solo era a saída dos barcos cheos de lan o carnes… ¡ sinón que era o lugar onde moitos homiños chegaban  de polizons nesos mesmos barcos!

“¿Oie Moncho?”…(espetoulle “O Farruco”), “¿e ti coma chegache nese barco de carga, rapás?”…¡casi se atraganta a escoitalo, ¡ ca pescada que sabía tan ben!…e  O Monchiño despois de secarse sua boca coa man…mirando para el no outro lado da mesa, dille:…”eu namais fixen o que moitos…hasta Buenos Aires cheguei dende o Berbés no barco con outros veciños e paisanos…e pois… dende  B. Aires hasta aquí…solo foi cousa de achegarme ao Porto ,… falar con algún dos nosos da “Estiba”(*)…subir o barco, falar co mariñeiro que me dixeron …darlle uns cartiños…¡e aquí estou!…

…”o que pasa que a miña pregunta viña por que …ti sabes que están chegando moitas “caras raras” a Patagonia…e xa non che digo dende Croacia.. ou desos paises onde os “caciques” nazis tuveron que fuxir antes que os engalioraran ou aforcaran…¡Mira!…acá vaste a erncontrar con moitos paisanos nosos  que xa teñen feito o “Servicio”…¡e despois de facelo, e haberlles enchido sua cachola das ideas de Franco…inda lle dan facilidades para que veñan a traballar para América. Xa te vas a enterar de cantos hay por acá mais franquistas co Primo de Rivera, ese, rapás!”…

…Métese na conversación, ¡que parés, que se puso boa!,  O Travesas e coa sua voz coma tronos, dende o outro extremo da larga mesa …dí:…”¿ e vos, sabedes d’isto? …¡  xa tuvemos por acá un tal Cores, paisano noso él,  que foi o Xefe Xeneral da Policia deste Territorio Nacional!”…¡mira ti hasta onde chegamos!

…”¡Buuueno buuueno!…¡vaamos rapasiños!…abramos un pouco  nosos ollos!…deixemos a estos “nenos de peito”, que “os bicharracos”…¡ “os peixes gordos”!…os que fuxiron de morir aforcados en Nuremberg…eses chegaron en  submarinos a estas praias…¡ e non dende Galicia!”…

 

 (*)”Estiba” : traballo que consistía en cargar e descargar os barcos, mayormente ca forza do lombo e dos brazos;  onde moitos paisanos nosos traballaban ,tanto en Montevideo  coma en B. Aires.                                

 

                              ————————————-

 

 Nieve en Patagonia

RELATO Nº 6.

…”¿Bueno, Monchiño…?…¡mira!, (dille “O Do Coxo da Gandra”)…teño un paisano de confianza que e chófer nos camions que van e veñen a Comodoro Rivadavia…e él  hasta vai a quedarche agradecido de ter compaña para o viaxe hasta alá…así que si ti tes  xa algún lugar onde parar alá…podeste ir con él  en canto decidas, ¡home!”

Escoitando isto “O Farruco” métese na conversación e dí:…”¡oie Monchiño!…mira que en Comodoro haiche  un bó feixe de xentiña moi boa que chegaron  do Val Miñor  e de perto de Vigo… e de por alí!…

¡Mira!…ti en canto chegues vaite  unha noitiña hasta o “Centro

Gallego”…¡e xa vas a ver o que che digo!..”

Como  si algo non lle faltaba a O Monchiño era coraxe e decisión…alí manais xa se rematou: “pois sí que che estou moi agradecido Farruquinho…voume a ir a falar esta noite co home que me decía O do Coxo e  xa me largarei para  alá, ¡ sí rapás!…”

Todos sabían ben que Comodoro Rivadavia era a gran cidade da Patagonia toda; o centro económico e comercial onde era toda unha fervenza e as posibilidades de progreso dependían de cada home…

Nosos paisanos estaban alí moi ben representados, e a sede social  do Centro Gallego cas diversas actividades culturales e socias que levaban a cabo era unha mostra da capacidade de facer cousas  moi ben feitas que tiña nosa xente estando tan lonxe de sua terra…

O Monchiño erache dos mozos que leía os periódicos, informábase, sabía ben o que quería, que facer e hacia onde ir na sua vida…

Despois de arreglar día e hora da saída, co chofer do camión de “Casa Lahussen”…solo lle quedaba porlle unha carta a sua familia para decirlle de suas andanzas nesas terras.

 

…”Puerto Deseado, 18 de Mayo de 1950.

(*)“Querida madre mía y familia,  por aquí g.D  estoy bien y lo mismo espero que esten pasando ustedes aora que lla deven estar sachando el mais  nel campo Mucho los echo de menos madre mía y también alguna oración a Dios le hago  ya me voy nestos dias  a buscar mejor destino para Cumodoro Rivadavia Nesta  los paisanos nuestos  metrataron coma dela familia e no hubo mas que animo y buena amistade para conmijo de parte dellos siempre lestare agradecido delos pratos de comida y  todo eso.

Esabido que allá onde  me voy hay muchos mas paisanos nuestros en muy buena posesión y alla hay  muchas mas posevelidades de trabajar y progresar que nesta sin más su hijo que  bien los quiere y los  abrasa conel corazón. Ramón Alonso Gonzalez”

 

(*) A carta: foi escrita coma si fora autentica, seguindo  os modelos das que escribia nosa xente naqueles anos…¡TRANSCRIBIR IGUAL!

                                               ………………..

 

 Llanura patagónica

RELATO Nº 7.

 

 

Erache ben cedo en Puerto Deseado, non había mais movemento nos depósitos do Porto que os dos camions que ian chegando ou o dos camioneros que lle estaban cubrindo cas lonas a carga a seus camions, os vagons do tren  facían suas maniobras tirados por a maquina que pitaba pedindo paso, e facendo resoar no aire xelado o vapor de seus pistons…

Era noite…¡ sendo as sete e meia da mañan!…estamos xa con casi un mes de un Inverno adiantado…,vese a luz da lua reflexarse nas cascas de xelo sobre o pavimento…

E alí está O Monchiño,tremendo co frio, restregándose suas mans, e ca sua maletinha pequenota e unha saqueta, xunto a él;  perto do grande camión que luce nas portas a lenda:”Casa Lahussen”:  Comodoro Rivadavia y  Esquel, eche  un “Geemecé”  de doce toneladas de carga, a gasóleo…

…”¡Bueno rapás!…¿así que ti eres O Monchiño, non?…(dille “O camionero”), ¡mira!…ti vaisme a cebar mate dementras eu vou vendo coma facer para que o camión nos leve a Comodoro, ¿sabes?”…

E íalle dicindo isto dementras liaba  unhas cordas e as gardaba nas caixas  nos laterais do camión xunto ao barril da auga …

…“Sempre esta e a tarefa dos que lle fan compaña a o chófer , a “o camionero”…a si un non se durme e vai quentando o bandullo hasta chegar a sua casinha… ¡eeeeh bueno!…

¡Escoitar isto deixou a Moncho casi teso! …”¿cebar mate?…¿pois coma farase iso?…

O Senhor Regueiro,  “o camionero”, eche un home que lle facía acordar a Bautista, o ferreiro veciño deles alá na Toxeira, un home fornido, ¡ cuns brazos coma polas de carballo!…

“¿Pero por  que beberá nó mate?…” …¡En bó lio metécheste Moncho!”…decía para dentro d’el O Monchiño, adementras acomodaba sua maleta e puña por alí cerca unha barra de pan que levaba nunha saqueta que truxo d’alá feita por sua madriña…

“Vamos a ir acomodando todolos matraquillos para o viaxe…vaime axudando a polos enrriba do camión…¿eh?”, decíalle Regueiro.

“Nos,… ¡ e  si o tempo nos axuda!, faremos estas casi sesenta leguas(*),  de camiño hasta Comodoro…en non menos de  oito horas…

 

(*)Nota:1)- na  Patagonia hasta hoxe (2011), usáse a medida da “legua” que equivale(aprox.) a cinco kilómetros de largo. Un Exemplo: os campos, as fincas (estancias), mídense en leguas cuadradas: unha sola eche: ¡ vintecinco kilómetros cuadrados!…¡  normalmente as pequenas estancias  sonche de dez e, dende ahí para mais…!.) 2)- A Meseta Patagónica e unha altiplanicie de unha altura, (promeio) de douscentos vinte metros sobre o nivel do mar.

 

 

                                       ………………………………………………..

 

RELATO Nº 8.

 

…”Noso plan de viaxe eche este, escoita: subimos dende acá, no Porto, hasta a Meseta a modiño,… ¡ xa que a carga que levamos e o xelo non nos deixarán avanzar mais d’iso !; nos seguimos dereito no plano hasta a “Parada Jaramillo” que che está a: mais ou menos, quince leguas d’acá, alí “estiramos as pernas”, revisamos o airo das gomas do camión , coma ande de auga o radiador, botamoslle un pouco mais de “anti xelante” no radiador, repostamos gasóleo…¡ e meeeta!…hasta o de Don Pallawuala non che paramos…pois sí, rapás!”…decíalle isto a O Monchiño, Regueiro, mentras él o axudaba nas tarefas finais…

…”Don “Palla…non sei qué”,…  ¿ quen ven a ser Señor Regueiro?(M)

“¡Aaah!…¡encontrarnos con Don Pallawuala… eche o millor d’este viaxe..xa vaste a dar conta! Este paisano da raza(*1) Tehuelche (Aonikenk), eche un dos “Puesteros”(*2) que teñen no seu campo os Salaberry…a meio camiño entre Jaramillo e Caleta Olivia…”

“¡Ben!…estando en Caleta xa solo nos quedan quince, ou dezaseis leguas, polo camiño da costa do mar, para chegar a Comodoro!…

…¡Vamos rapás!…¡ que xa marchamos!”…(*3)

¿Ves?…aquí entre nos temos: “a lareira movil”, (¡como lle digo eu!)…eche un cacho de tubo de  ferro de doce pulgadas de diámetro (aprox.: trinta centímetros), que o teño preparado para que nos vaia quentando a cabina, (eche un “hornillo ou estufa” ao que lle pomos d’estos paus), e coma ves acá: ten este aro alto arredor que nos sirve…(pon “a pava”(*4) nese sitio)…para ir tendo auga quente para tomar o mate…¿qué che parés?…¡ raiooos !…¡ nin Franco debe viaxar tan quentiño no vagón blindado do seu  tren coma nos …¡ rapás!

…” ¡ Nin me fagas acordar dos fríos do demo que pasamos nas trincheras por alá por as terras das Serras de Teruel… por culpa deste home…¡ mimadriñaquirida… meu amigo!”…

…¿” A vostede  Regueiro…¿onde o colleu o  fin da guerra?”…(M)

…”Pois a mín, rapás…colleume tirado nunha cama d’un hospicio que tiñan unhas Monxiñas por alá por Lugo…que foron as que me libraron de que me quedara sin os dous pes…xa que estaba con un d’eles engangrenado, e o outro: moi mal…¡mira ti!”… ¡Coxeo un pouco, pero: ¡ nada home!…¡eeeh, bueeeno, que lle vamos a facer!”(R)

…”¿Quer que lle prepare un mate?…(dí Moncho),…..¡ é que xa sonche perto das nove…e agora o frio síntese mais forte que nesta mañan!”…

“…¡ Moi ben meu amiguiño!…¡aaah!…mira: primeiro que nada, entre nos:…¡ ti chámame Manolo !, ¿eh?…

¡A ver!…ti sacude un pouco a herba dentro do cabaciño, ponno de lado e vaillle pondo auga a modiño…logo cravas a bombilla… téndoa tapada co dedo….¡e xa vai ahí un  bó mate!….¡Ahí está rapás ! …¡eres dos meus!: ¡ eres listo para entender o que che dicen!…¿e non che vai a ir nada mal en Comodoro?, ¡ non!. …Eu, con tal de que me ceben uns mates…¡buuueeeno!…¡xa quedo “contento coma un cuco” ,home!…” “¿E ti non vas a tomar?…sempre a modiño ca auga, xunto a bombilla,  ¡ben!…e logo vas chupando para dentro teu da pouquinho….¡ nada de escaldarte a boca, ¿eh?”…(expricáballe Regueiro).

…”Non sei si será por as ganas que tiña de tomar algo quente…¡ ou que será! …pero a verdade é que sabe bastante ben…o choio este Manolo!”…¡Coma se reirián de min miña familia alá na Toxeira…si me viran tomando neste cabacinho …¡un mate!…¡e: en plena Patagonia!”…(refleixionaba en voz alta O Monchiño).

 

NOTAS: (*1)Na Patagonia-Sur, nos territorios que ocupan as actuales provincias de Chubut e Santa Cruz os pobos ou razas nativas foron dous: no Sul: o Pobo Aoikenk/Tehuelches e mais para o norte (Chubut, Rio Negro, Neuquén e a Pampa: o Pobo Mapu-Ché . (*2) As Estancias ou fincas para cría de gado (bovino neste caso), dada sua extensión e as formas de criar o gado , (solo a campo, non baixo cubertos), vanse dividindo en “cuadros”, cada un deles ten un “Puestero” que cuida esa fracción e a cantidad de gado correspondente, así coma todas as instalacions: xeralmente eche solo revisar que os aramios e os paus que os manteñen en pé sigan ben, etc. Para aforrar en pagas, etc., entre os Estancieros eche unha “tradición” que “Puesteros”sexan homes solteiros, ou casados pero sin fillos,os que fan ese traballo tan duro e monótono…¡en meio da naturaza!

(*3) Sería adecuado por un Mapa/plano, (punteando con cor),  do recorrido (actual) para facer ese  mismo recorrido,etc. (e fotos)

 

(*4)Artefacto de metal meio redondo e baixo, con pico agudo e tampa para ferver auga. Ten diferentes nomes: en Montevideo chamanlle:”caldera”, na Rexión de Cuyo (Arg,): “tetera”, e na Patagonia : “pava”/”pavita”.

Hoxe, anque  haxa termos bos…¡a xente sigue ca teima de cebar seus mates ca “pava”!…(“…es que tiene otro gustito, ¿vist

 

 Foto de la Patagonia

RELATO Nº 9.

 

“¿Ves Moncho?… ¡ nos acá temos o mar para outro lado!…¿ves?…o sol está saíndo po la mar;…¡ non coma alá que mirabamos para o monte de mañan para velo sair, e para o mar, de tardinha,  cando caía…

Alí, alí…velos fuxir,¡ velos fuxir rapás!…de teu lado…¡mira ahí vai unha “cuadrilla” de chulengos ou sexa:  guanacos…¡ mimadriña!…coma fuxen esos animais!…¡estate atento!…En calquera momento vámolos ver pinchando, cas catro patas, por enrrba do aramio mais alto nas “alambradas”…¡Iso sí…quen me dera ter agora mismo uns “bifes” de chulengo para baixar estos mates…raaapás!”…

“¿E sabe tan  ben a carne d’eles?”…(M)

…”Non sonche febras de porco, ¡ non ¡,son mais magras,  …pero, feitas enrriba da plancha quente do ferro este…¡ ben que as paparías!

…”E si as pons  no meio dunha “torta frita”…¡ xa me vas a decir o que é bó!”…(R)…

“…¿En que estás pensando rapás?…¡ xa  falta pouco camiño para chegar a Jaramillo, ( ¡acabamos de pasar Thellier!) …e así alí  estiramos un pouco as pernas, sí!…

…”Espero  que alí, Don  Stoyanoff non me diga que xa non lle queda gasóleo”,…¡ bueno!, con o que  lle puxen onte en Deseado, penso que chegamos ben a Comodoro!;…¿pero sabes?…sempre e millor levar de mais un pouco xa que así poódese auxiliar a algún outro camionero que quedou “tirado” por o camiño…¡ na Patagonia hay tradicions rapás!;…ninguén  pasa de largo cando encontra a alguien  tirado  na ruta!…parés tan grande a Patagonia …¡pero eche coma a palma da man de pequena, ¡coma tua Aldea!… cando eche o momento de axudar  a outro”…!

…”¿Canto tempo  fai que chegache a América, Moncho?”…(R)

…” E xa levo…¡ casi tres anos!,  por estas terras…(M)

“…¿Qué te truxo a Patagonia?…(R)

…” Eeeh, ¿quen non fala destas terras en Buenos Aires?…(M)

…”Eu pensei:¿si tan ben  falan da Patagonia, voume a por a ler algo  d’alí…a pesquizar cos que viaxan para alá  po lo choio das ventas e todo iso…¡e logo decidirei!…(M)

…”¿ E o choio teu,  en B. Aires, non che era bó?…(R)

…”O que pasaba era que niso de servir nas mesas d’un Bar coma camarero, ..(¡baaah!,  coma “mozo”, como lle dicen acá!)…era o que había para os rapaces coma eu…¡E si non fora por “as propinas” (“o bote”)…a paga que nos daba o patrón, (paisano noso), non che era coma para porse a pensar muito!…¡A mais!…inda non acadei de pagarlle o billete de barco a meus tios…que foron  os que me “reclamaron”… ¡ Eeeeh buenooo!…¡acá estou!…(M).

…”Ti contestame isto si queres….¿non veis fuxindo da Policia ou deixaches algún asunto sin aclarar, non?…” (R)…

…”.Nooon: ¡ nada d’iso!…solo lle dixen a meus tíos que íame a ir a buscar futuro donde o hubera…¡ e  despedinme d’eles ¡(M)

                                …………………………….

RELATO Nº 10.

 

…”¡ Está ben raaapás, está beeen!…

..¿E ti antes de virte para América que estudos tiñas feito en Galicia?..(R).

…”Eu xa levaba feito dous anos do Bachilerato en Vigo, xa que estaba na casa d¡uns tios nosos e d’esa maneira ía pudendo estudar…

…¡Bueno!…e logo, meu pai púxose moi mal de saúde…xa que…parés que non sei quen na Toxeira denunciou a un Sargento da Guarda Civil…Mallaron os guardias n’el canto quixeron cas culatas dos fusís…e cando se deron conta que a galiña había roubado outro…largaronno unha noite e chegou a casa “feito unha calamidá”…

¡Pobre meu pai!…miña nai mandoume chamar a casa …¡eeeh bueno!…tuvenme que facer cargo eu dos traballos q’eul facía, e deixar de estudar…(M)

…”¿E teu pai que dicía de todo iso?…(R)

…A única cousa que él repetía era..”¡ mira Moncho: ti vaite canto antes poidas para América,  xunto a teu tió Pepe…”…antes que te collan para ir a o “Servicio”…¡Por que sinón:…¡raaas!…vante a mandar Marruecos,.. (¡coma a tantos!)…e inda e moi seguro que alá enterrado na aréa do deserto…¡ vas a quedar!…¡Faime caso!”…

…E eles escribíronlle a Tió Pepe…¡e así sigue a historia miña!…(M)

…¿Sabes rapás?…en Comodoro  dudo que paisanos nosos, de teus anos, teñan a preparación que tes ti…¡Si te chega a conocer o Señor Von Rainer…meu xefe na Empresa…¡non te deixa ir sin darche un bó posto de traballo!…¡Así cómo cho digo, home!”…(R)

…Moncho escoitaba atentamente o que lle decía Manolo…(¡ cos ollos ben abertos!)…e non podía crer o que estaba escoitando!…

…”¿Así… de tan certo , Manolo?…(M)

…Coma decimos acá:…¡págoche un asado de un bó  año “gordo” si así non chegara a ser… rapás!”…¡Veñan “esos cinco”, home!…

…¡Oie!…somos amigos… ou…¿” somos unha lata de kerosen”?…(R)

…”Mira ti…¡ coma se nos foi  o tempo!,…¡xa se ven os catro árbores de “tamarisco” que anuncian que chegamos a Jaramillo!…(R)

 Fauna patagónica

 

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

RELATO Nº 11.

 

…”¡Buuueeeenoooo!…”¡ dame o corpo” que nestas casas esta mañán “non está nin o loro” en Jaramillo!…¡Caráxola!…heche así namais, Moncho!…si na casa de Don Stoyanoff no está él…solo nos servirá a parada esta para “estirar as pernas” e as rotinas do camión…

…”¿Quen podría crer isto en Galicia?…viaxar coma  quince leguas…sin non atoparnos con nin unha persoa…¡ e solo ver catro árbores!”…(falaba solinho, Manolo, e menexaba sua cabeza…)

…Mira…¡ ven, ven …mira isto rapás!…alí al lado do cuberto ese…¡si, sí!…onde  están os paus eses! (R)

…”¿Qué e iso?…que se move entre os paus… ¿coma facendo unha toupeira?(M)

…”Ese eche un “piche” grande ou “peludo”…venche a ser coma un ourizo cacheiro dos que vemos nas nosas terras…¡pero enredor de todo seu corpo ten coma unhas placas, ¡unhas cascas moi duras!…que sírvenñe cando o atacan ou vense mal…

…Os pequenotes, os piches: que ben saben facendoos asados…¡meu amigo!…A os os grandes, os “peludos”, coma ese que vimos,  millor deixalos ir xa que di a xente que comen hasta os mortos dos cemiterios!…

¿Sabes unha cousa moi importante  nestas terras?…¿e non te esquezas d’este refrán, ¿eeeh?…”¡ todo bicho que camina va parar al asador ¡”…(R)…e pega Manolo unha cascarexada …

…”¿Así que de peixinhos?:…¿pouco ou nada?…¡mimadriña querida!…¡ a que me espera, entón!…(M)…

…”¡Vaaamos home!.. que cando cheguemos a Comodoro xa vas a saber o que son os mariscos d’acá!…(R)

O camión esta xa revisado ,sigue todo ben, o sol xa está mais alto e pódense ver os “coirons” no campo brillando entre o xelo…e movéndose…¡ sempre para o noreste!… co vento frio do sureste…

Manolo e Moncho suben a o camión os anacos de paus, que fendéran ca machada, para ter “combustible” e así  seguir quentándose mentras  viaxans…

…¡Mira!…en menos d’unha hora xa estaremos baixando unha costa, bastante larga e con moitas voltas, que nos levará hasta casi o nivel do mar…¡ e por alí e donde estará esperándons Don Orosindo Pallawuala !…(R)

 

 

                                      ——————————

 

 

 

 

 

 

 

 

RELATO Nº 12.

 

…”Claro, entre que él xa sabe coma son meus horarios; …e que a xentiña da raza d’el…téñenche unha vista e un oído… que sonche capaz de ver ou escoitar coma, (…¡cooomaaa!…: ¡do Monte do Galiñeiro hasta Baiona!)…Entón, sinte o camión vaixando a costa e achegase a carretera a tempo…(R)

…”¿Ti trueche unha barra de pan, Moncho?…(R)

…”Pois sí, teñoa aquí atrás da asiento na saqueta”…(M)

…Mira, na caixa esa, adiante de teus pes, si a abres, vas a encontrar algo para comer…envolto en papel de periódico hay uns cachos de “charque”, tamén algo de  pan,  un xerriño esmaltado, o cuitelo

 e duas botellas de gaseosa…¡con iso e uns mates…¡coma os que faces ti!…¡xa tiramos unhas horas mais!..(R)

…”E que ven a ser o “charque” este?… (M)

…Eche febra de carne de tourinha, ou de vaca, que sálgana coma bacalao, deíxana a o airo…¡ coma si fora roupa secándose no aramio!… E logo duns días, e con este tempo seco e frio da Patagonia…¡faise  “charque”!…

Mira que esta xa truxen ben lavadinha de miña casa e solo e cousa de cortala e pola entre  opan…¡un bocadillo de charque, rapás!(R)

….”Xa me poño a facer estos bocadillos patagónicos, entón! (M)

Mentras eles van coméndo o paisaxe  por donde os leva a carretera vay cambiando, dentro do que e a vegetación da rexión así coma xa non se ve mais o plano da meseta, sinon, que están rodeados de montes xa que eles vaixian por un grande “cañadón” seguindo os contornos dos “cerros”(montes). Por momentos parecera que vanse a sair do camiño e desbarrancarse, cústalle levar os bocadillos a suas bocas…e tomar mate sería, seguramente:¡ imposible!

Matas achaparradas e con estripieiros as mais que  non sonche mais altas que a cintura d’un home xa se ven por todo o chan, os coirons sonche mais vstos e ca palla mas larga…¡e non se sinte tanto a forza do vento coma na Meseta!…

Unha figur humán parece que se pode divisar na cima  d’un cerro pequenote en linha coa carretera, está coma envolto con unha manta ou algo que lle cubre seu corpo hasta os pes.

“¿Ves Moncho, aquilo na cima do montiño ese, alá adiante casi frente noso?; pois eche Don Orosindo que xa nos está esperando: ¡tal coma che decía eu!”(R)

 

                                            …………………………..

 

 Glaciar de la Patagonia

 

 

 

 

RELATO Nº 13.

 

…”¿Qué ten posto sobre seu corpo o home?” (M)

“¡Penso ,por o largo que e, e por estar xunto a seu corpo e sin que se lle vexan suas mans:¡ eche un “killango”, seguro que envolveuse con un killango!”…(R)

…¿De seguro que será algo moi abrigado?, xa que con estos xelos e ventos…¡pobre xentiña que vive por estos sitios!”(M)…

“¡ E si que o é!, fannos cos couros moi ben curtidos dos guanacos , deixanlle os pelos, ou lan, para adentro  e xuntan varios deles cosendoos…¡sonche xente “muy cursidosa”. E para nos que vemos de xunto a lareira…¡o que eles fan non nos pode resultar tan alleo! Viven do que teñen arredor d’eles e sacanlle moi bo proveito a todo, ¡ xa o verás!” (R)

“¡Vamos a ir baixando a marcha e voulle a facer sinais cas luces largas así dase conta que somos nos!”(R)

…”¡Vence correndo para abaixo do cerro entres as matas!…¡que alto e grande que eche ese home, Manolo!”(M)

…”¡ E cando lle vexas  seus pes!…¡ xa te vas a dar conta de donde saíu o nome destas terras!” (R)

Xunto a uns sacos grandes,e a uns folles que parecen cheos, está de pé Don Orosindo Pallawuala: seu porte e d’un monumento, ben  erguido, cos cabelos lacios e brillantes que llos leva o vento e suas mans recollidas contra seu peito collendo contra sí o  killango que lle cubre todo o corpo hasta mais abaixo das rodillas.

Detense o camión, pincha Manolo para baixo do estribo , móvese o home quieto…e os dous danse unha forte aperta e algo dísence tendo  suas caras casi xuntas…

Manolo saca  algo d’un de seus bolsillos e dallo na man a Orosindo, e insistelle para que o colla, etc.

Faille sinais co sua man, Manolo a Monchiño, para que vais xunto a eles, e alí lle presenta a seu novo  amigo: “amigo de Manolo:¡ amigo mio!…Manolo:¡ hermano mío!…(ponse Orosindo unha man sobre seu corazón):¡ bueno de acá huinca… Manolo hermano mío!”…(O)

Entre os tres van axeitando os sacos e folles debaixo das lonas do camión, nuns van peles de raposa colorada e noutros plumas de choique.

Vólvese Don Orosindo xunto a unhas matas baixas e d’alí trae unha saqueta (feita coma de tear) con algo dentro d’ela…

…”Acá tené amigo: cuarto de chulengo pa osté, tortas (fritas) que manda  vieja mía… pá osté…¡ frió  eya,  tá mañana pá osté!”.(*)..(O)

Manolo miralle para seus ollos, e por un instante quedan os dous víndose en silencio, oise o soar do vento…fúndense os dous homes nunha nova aperta, danse e man e agaranse do antebrazo…

 

(*):O que dixo Orosindo:”Acá teis amigo….e para ti, un pernil de guanaco para vostede, tortas fritas que lle manda miña muller…para vostede, fritiuas ela esta mañán…”

                                    ………………………….

 

RELATO Nº 14.

 

Vanse hacia o camión onde esta Monchiño, alí, de pé, e tremendo de frio. Don Orosindo con un solo movemento de seus dos brazos largos e fortes: sácase seu killango,(quedando ca camisa aberta no peito, sua faja na cintura ceñíndolle  a bombacha e a camisa,e nos pes hasta a mitade das pernas: “botas de potro” envoltas en couros con pelos) entón: dandoo volta no airo  ponllo a Monchiño sobre sue corpo, mentras lle dí:….” ¡ ete killango  é pa vó amigo!”, mentras dalle unha aperta…

Monchiño co súpeto mira a cara do home por un instante e quédase ca cabeza gacha, emocionado. ¡Sorprendeuo o homiño bó!

Suben ao camión os dous, e deixan  nese día:¡ tan patagónico!…co ceu ben azul , diáfano,  sin nubes, airo frio e seco…a seu amigo, alí movendo seu brazo dereito en sinal de despedida, hasta que esa figura inmensa vaise facendo casi imperceptible no horizonte.

Agora o que queda de viaxe ten outro sentido, Moncho sigue envolto co seu killango , a expresión de sua cara agora e outra: brillanlle os ojos, mira lonxe, agacha sua cabeza, tómase  cas mans a cara….¡sigue emocionado!…

“¿Nin maxinabas este encontro rapás?…¡e que vaste a ter que acostumbrar a estos xeitos da xentiña d’acá!.”..(R)

“¿Sonche todos, cos descoñecidos ou extranxeiros, así como foi este home conmigo?” (M)

“¡Pois sí, e por esta razón, todos os que viñeron dende Europa non nos veron coma xente ben  civilizada que eran, sinón …¡coma indios xotos a quen había que exterminar!… para que así, sendo xa mortos:…¡ foran todos bós! Muy pouquinhos salváronse…¡é que os “estancieros” púñañe precio a sua cabeza…¡e viñan mercenarios e puñanse a “cazar” neles!…(R)

“E mais o norte e perto da Cordillera, por alá por as terras do Rio Chubut, moitos desalmados d’esos trocábanlle por catro garrafas de viño ou aguardente …¡ tódolos campos onde eles vivían durante centos ou miles de anos!”… (R)

…”¿Sabe Manolo?, alá en Buenos Aires, no Bar onde eu servía nas mesas, cheguei a coñecer a un home ,¡ non sei de que parte   de España!, que se gababa dicindo, ¡ a quen no oíra !, que él co troco cos “indios” había feito seu capital, …él trocaballe: plumas, couros e lan por a comida…¡diz que iso facía!” (M)

…”¿Ti  miráche o que fixen eu en canto vaixen do camión?, pois o primeiro foi darlle cartos por suas mercancías…¡a conta do que lle paguen, na Empresa onde eu traballo, por todo o cargamento que levo de parte de Don Orosindo. Logo lévolle a él o documento cos “numeros”, (¡él de números entende!) entón  a semana que ven doulle os cartos que faltaron ”…

¿Ves?… tamén entre os galegos habemos outra clase de listos: ¡ os que non estafamos a xente, home!”(R)

                                    ———————————

La capital de Patagonia

NOTAS:

1)- TODAS AS DECLARACONS DE DON OROSINDO VAN ASÍ: TEXTUALMENTE. TAL COMA ESTÁN ESCRITAS.

 

2)- PAISANO: nome xenérico, que se lle dá a xente nativa destas terras,na Patagonia.

 

3)- Porte da raza Aonikenk/Tehuelche: o promedio de altura non baixaba do metro con ochenta centímetros,(1,80)

 

4) – “Los patagones”, este foi  o nome que lle deron os primeiros europeos que chegaron a estas terras e veron as “huellas” dos pes (envoltos en couros, etc.)d’estos homes, sobre a neve…¡! (Patagonia)

 

CALQUERA OUTRA PREGUNTA: mandaime un mail especificando e contéstosvos.

 

                                     ———————————–

 

 Patagonia

ENFOQUE DE  TODOS OS RELATOS:

 

Estos relatos (e os próximos que escriba) foron pensados  (e)  escritos para xente interesada noutra forma de ver o (triste) fenómeno de nosa Migración. ¡Unha ollada: mais amplia, diversa e con fundura!

 Coma podedes  observar, (leendo), non encontraremos a os paisanos “listos” e “triunfadores da vida” (¡ casi mais dos que debería haber!), coma personaxes centrais. En lugar d’esa búsqueda (¡tan malignamente galega!), de ir detrás dos “triunfadores” de cabeza hoca e sin principios;…nestos relatos: os verdadeiros triunfadores  anónimos sempre serán os que teñen una vida marcada por sua adhesión a principios de “honestidade  a carta cabal”. Os que leen, saben escoitar a o outro,  os que danñe a o desarrollo da educación e a cultura un lugar de preminencia. (¡Esa especie “rara” de galegos!)

 

¿Sebedes por que?  ¡ Por que d’estes  casi  non hay  historias !

¡Solo dedicaronse a facer, o máximo que podían, onde lle tocaba facelo!

 

A PATAGONIA ECHE UN TERRITORIO ONDE GALEGOS D’ESTOS FORON OS QUE PUXERON OS “CIMENTOS”.

Deja un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: